Novedades
Arume Desenvolvementos Informáticos resultou finalista nas categorías de Iniciativa e Tecnoloxía Accesible nos Premios Eganet 2007.
A web de Arume Desenvolvementos Informáticos resultou galardoada na categoría de Web Empresarial máis Accesible II dos Premios Accesibilidade 2006.
Na nova sección de proxectos da empresa, Rugby Galego - Google Maps, pode encontrar un exemplo de uso de Google Maps, vendo os campos e resultados das ligas rexionais de rubgy en Galicia.

Páxinas web

Páxinas web

Hoxe en día moita xente, se ten que buscar algo, a súa primeira opción é internet. Por eso, ter páxina web é cada vez máis importante se vostede quere que o atopen.

Unha páxina web, ademáis de ser unha tarxeta de presentación, pode ser un medio de intercomunicación entre vostede e os internautas que poden recoller a información que vostede publica ou requerir nova información a través de formularios de contacto.

Arume Desenvolvementos Informáticos pode facerlle unha páxina web á súa medida: dende unha páxina simple con un deseño prefabricado, varias seccións estáticas e formulario de contacto ata complexas páxinas web con deseño personalizado, foro, tenda online, ... e calquer cousa que lle interese.

As páxinas feitas por Arume Desenvolvementos Informáticos contan ca calidade de seguir os estándares do W3C, uns estándares que axudan a que a páxina web sexa máis usable, compatible con todos os navegadores e que aseguran que non deixarán de funcionar nas novas versións nin nos novos navegadores.

Tamén, se o quere, Arume Desenvolvementos Informáticos fai que a súa páxina cumpra as normas WAI no nivel que vostede queira (A, AA ou AAA). As normas WAI son directrices de accesibilidade para que a súa páxina web sexa fácil de navegar non só para a maioría da xente, senón tamén para aqueles que teñen algunha dificultade, xa sexa xente con problemas de movilidade, visión, conexión a internet moi lenta, ...

Pida un orzamento gratuíto e sen compromiso a través da sección Contacto. Para que este orzamento sexa o máis axustado posible, deberá indicar detalladamente as características que desexa na súa páxina web. Algunhas das cousas que debe reseñar son:

  • Deseño personalizado, plantilla prefabricada ou se aporta vostede o deseño.
  • Número de seccións estáticas (texto que non debe cambiar vostede mesmo).
  • Descripción de seccións especiais (noticias que quere poder cambiar vostede mesmo, foro, ...).
  • Número e descripción de formularios.
  • Se vai necesitar cambios periódicos nos contidos da páxina.
  • calquer cousa especial que necesite na súa páxina web.

Exemplos de orzamentos:

Estos son algúns exemplos de orzamentos, para que se poida facer unha idea do prezo do da súa páxina web.

Web básica: 150 **

  • Deseño elexido dunha lista de plantillas.
  • Páxina de inicio (máximo A4 por pantalla) con unha imaxe.
  • Contador de visitas.
  • Data e hora.

Web estándar: 325 **

  • Deseño elexido dunha lista de plantillas.
  • Páxina de inicio e tres seccións estáticas (máximo A4 por pantalla) con unha imaxe.
  • Contador de visitas.
  • Data e hora.
  • Xestor de noticias.

Web personalizada: 525 **

  • Deseño personalizado.
  • Páxina de inicio e tres seccións estáticas (máximo A4 por pantalla) con unha imaxe.
  • Contador de visitas.
  • Data e hora.
  • Xestor de noticias.
  • Libro de visitas.

** Impostos non incluídos

Normas xerais sobre os contidos:

  • Os textos serán proporcionados polo cliente en algún formato de texto editable.
  • Os contidos de cada sección constarán dun tamaño máximo dun A4.
  • As imaxes dos contidos, así como o logo serán entregadas polo cliente en formato dixital.

Nos casos nos que non se cumpra algunha de estas condicións, farase un orzamento acorde á situación.